Lourenzá, 22 de febreiro, 2019. Francisco Javier Rodríguez Barrera será o candidato do PP á alcaldía de Lourenzá. Así o decidía por unanimidade a executiva local do Partido nunha xuntanza mantida este xoves tras anunciar a actual voceira do Grupo Municipal Popular, Emma Álvarez, o seu desexo de non repetir á fronte da lista de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. Álvarez, que preside a executiva local, continuará ao fronte do Partido Popular no municipio co obxectivo de “seguir traballando na defensa dos intereses dos laurentinos”.
Javier Rodríguez Barrera amosou o seu agradecemento ao Partido Popular pola confianza para liderar o proxecto no municipio laurentino co obxectivo de recuperar a alcaldía e “devolver aos veciños un Goberno construtivo que traballe en beneficio de todos e todas”.
Pola súa banda, a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, agradece a Emma Álvarez e a todo o Grupo Municipal Popular o seu traballo, esforzo e dedicación dende a oposición e anima ao novo candidato popular a traballar para “sacar ao Concello do declive no que o meteu o Partido Socialista”.
O candidato popular aposta por “retomar os proxectos iniciados polo anterior Goberno popular e colaborar cos veciños e veciñas, o tecido empresarial e o asociativo”. Nese sentido, considera necesario “potenciar o asentamento de empresas no polígono industrial do municipio e traballar por reverter a desaparición de tendas e comercios en Lourenzá”.
Igualmente, Rodríguez Barrera amósase convencido do potencial do rural no municipio e, nese sentido, cre que “tanto os nosos montes coma a produción da faba merecen o esforzo do Goberno local para poñelos en valor”.
En materia de servizos sociais, o candidato do PP á alcaldía aposta por “ofrecer a atención que se merecen os nosos maiores e, especialmente, aqueles que viven sos”. Tamén avanza Rodríguez Barrera a súa disposición para establecer os contactos necesarios para potenciar o patrimonio laurentino. Concretamente, cre necesaria “a restauración do mosteiro así coma realizar as xestións necesarias para darlle un uso público”. E, en materia deportiva, aposta pola creación dunha pista de atletismo como xa tiña previsto o anterior equipo de Goberno do PP”.
Currículo
Francisco Javier Rodríguez Barrera traballa no servizo municipal de augas do Concello de Lourenzá dende fai 21 anos e forma parte do Grupo Municipal Popular tras concorrer nas pasadas eleccións municipais como número 2 da lista encabezada por Emma Álvarez.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



