Santiago, 27 de febreiro de 2019. A deputada e voceira de Demografía no Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, defendeu hoxe “a necesidade de protexer e garantir a esencia da Faba de Lourenzá, xa que recuperar e conservar as nosas variedades autóctonas, o noso material xenético vexetal, constitúe un valor engadido na alimentación e na agricultura galegas” e, ao mesmo tempo, “significa manter a herdanza cultural de Galicia”.
Raquel Arias fixo estas declaracións no transcurso do acto de entrega de sementes de Faba de Lourenzá da variedade local rexistrada Faba Galaica por parte do Consello Superior de Investigacións Científicas á Sociedade Cooperativa Terras da Mariña. No mesmo evento, celebrado na delegación do CSIC en Santiago de Compostela, deuse conta do inicio da transferencia de material e licencia de explotación á cooperativa.
Un acordo que permitirá aos cooperativistas a explotación comercial destas sementes con mellora xenética, con todas as garantías, libres de pragas e enfermidades e que conservan a pureza da variedade, froito de anos de investigación por parte da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC.
Na súa intervención en rolda de prensa, Arias lembrou a implicación constante do Grupo Popular e a Xunta de Galicia para seguir impulsando un produto de calidade excelente amparado baixo a IXP Faba de Lourenzá. De feito Arias, a través do Grupo Popular, defendeu en xaneiro de 2017 unha iniciativa para a distribución desta semente entre os fabeiros para facer accesible a variedade autóctona Faba Galaica entre os produtores e, en consecuencia, aos consumidores, e que foi aprobada coa única abstención de En Marea.
Ademais en maio de 2017 a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén Docampo; representantes da IXP, socios da cooperativa Terras da Mariña e o investigador do CSIC Antonio de Ron, mantiveron unha xuntanza na que se acordou que o mesmo CSIC, que xa tiña dado pasos importantes na caracterización e mellora desa variedade local, fose o que finalizase o proceso e facilitase as sementes aos fabeiros da IXP.
ASENTAR POBOACIÓN NO RURAL
Arias destacou tamén que a posta a disposición da semente permitirá “garantir a calidade e mellorar a rendibilidade deste cultivo que ten unha relevante repercusión económica na comarca e contribúe a asentar e fixar poboación no rural como unha das claves para afrontar o reto demográfico”.
A deputada tamén asegurou que “os avances máis sólidos se conseguen cando existe cooperación entre administración, e estas coas iniciativas privadas”. Do mesmo xeito, Arias lembrou o seu vínculo persoal coa faba de Lourenzá, “a única que entra na casa dende que no ano 99 probei unha fabada con sabor da Mariña”.
No acto participaron, ademais de Arias, Eduardo Pardo de Guevara, delegado institucional do CSIC en Galicia; Antonio de Ron, xefe do grupo Bioloxía de Agrosistemas da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC; José Cuadrado, presidente da Cooperativa Terras da Mariña; Vidal Martínez, ex alcalde de Lourenzá e Daniel Vega, deputado do PP pola Mariña.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



