Lugo, 27 de febreiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe dos traballos de limpeza nos ríos das concas do Eo e o Navia na provincia nos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica inviste máis de 124.000 euros.
A subdelegada explicou que o proxecto de actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico Occidental, incluíu actuacións en 10 ríos da provincia, cun investimento total de 92.600 euros. Estes traballos realizáronse nos últimos meses en 7 concellos da provincia. Concretamente, fixéronse labores de conservación e mantemento de cauces en ríos das Nogais, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada. O plan completarase coa limpeza de ríos no término municipal de Becerreá, cun presuposto de 31.500 euros.
Ata o momento, fixéronse labores de limpeza nos ríos Navia, en distintos treitos pertencentes aos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna; Eo, ao seu paso polo municipio de Ribeira de Piquín; Machín, en Riotorto; Noceda, das Casas, Rumián, Cervantes e Noceda, no concello de Cervantes; Vidal, en Trabada, e Valdeparada, nas Nogais.
Nos labores de limpeza realizados no río Navia investíronse en total 30.200 euros. Outros 21.800 euros foron para os traballos de limpeza do río das Casas. Ao acondicionamento do río Machín dedicáronse 13.200 euros. Para os traballos de limpeza do río Noceda o presuposto foi de 8.200 euros. No río Vidal o investimento foi de 7.200 euros. No caso do río Eo, investíronse 5.500 euros. A partida destinada ao río Cervantes foi de 2.800 euros.. Ao río Valdeparada dedicáronse 2.000 euros. E o acondicionamento do río Rumián tivo un custe de 1.700 euros.























A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



