Burela a 27 de febreiro de 2019.- Foi necesario que PACs en Pé de Guerra se mobilizara durante un ano e que se convocara unha folga indefinida para que o SERGAS tivera a ben presentar, neste mes de febreiro, unha proposta que, tal e como se manifestou na mesa por representantes do comité de folga, atendía no 95% das demandas. Unha proposta sobre a que a CIG-Saúde propón traballar para solucionar, na súa totalidade, as demandas das e dos traballadores dos Puntos de Atención Continuada.
Por iso a CIG-Saúde non entende o posicionamento que defenden CCOO e OMEGA, máis alá de atender os seus intereses, “puramente electorais”, porque “en vez de manter a unidade de acción e sumarse ao traballo conxunto para acadar as demandas, convocaron para esta mesma mañá unha rolda de prensa sen previa reunión coas áreas e as comarcas e máis cando catro persoas do comité de folga presentaron a súa dimisión. Algo do que a CIG non vai participar”.
Para María Xosé Abuín “o que toca é recompoñer esta situación, escoitar por que o persoal rexeitou a proposta, cales son as melloras e obxectivos que percibe que non están aínda contemplados e traballar conxuntamente nese sentido para acadalos”.
Por iso defende que a información referida ás propostas presentadas en Mesa Sectorial se trasladen con transparencia, veracidade e sen manipulación algunha a todas as traballadoras e traballadores para o seu coñecemento e valoración.
A CIG-Saúde aposta polo cumprimento dos Acordos acadados en 2008 -que leva desde aquela demandando que se apliquen- para mellorar as condicións laborais e asistenciais. Unha mellora pola que seguirá loitando incansablemente. Entende ademais que “asinar acordos co SERGAS non é un fin en si mesmo, senón acadar esas melloras”.























Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



