Cervo, 26 de febreiro de 2019.- O edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, lamentou “a demagoxia gratuíta que emprega o PSOE co único obxectivo de atacar ao Goberno de Cervo, baseada en argumentos que están totalmente fóra de lugar e que son absolutamente reprobables”.
Soto fixo estas declaracións a raíz dun comunicado emitido polos socialistas cervenses sobre as obras de mellora e acondicionamento que se están a levar a cabo estes días en varias rúas do núcleo de Cervo.
O concelleiro precisou “que este Concello non entende de improvisación, é neste caso, loxicamente, e seguindo o noso procedemento habitual, antes de iniciar esta actuación xa establecemos un protocolo de actuación en caso de urxencia avalado polos servizos municipais técnicos e de emerxencias, no que contemplamos e estudamos todas as eventualidades que puidesen xurdir”.
Soto recoñece “que a execución de calquera obra deste calado ocasiona incomodidades á veciñanza”, pero precisa que “se trata dunha situación temporal e transitoria”; e acláralle aos socialistas “que nos cascos urbanos de moitas vilas – como podería ser Viveiro por exemplo- os medios de emerxencia teñen que enfrontarse a situacións moi complexas, e adaptarse ás circunstancias coas que se atopen, dada a imposibilidade de acceder cos vehículos a moitas das vivendas e as deficiencias de accesibilidade que existen en moitas edificacións”.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



