Foz, 26 de febreiro de 2019. O pizzaiolo (cociñeiro experto na elaboración de pizzas) Franco López, representante do Movimento Pizzaioli Italiani, na rexión de Basilicata, está esta semana no IES de Foz para impartir formación relacionada coa elaboración de pizzas.
Desde o IES de Foz destacan que “durante estes días Franco López explica aos alumnos os segredos da elaboración da masa, a elección da fariña, o lévedo máis idóneo e o proceso de fermentación. Como actividades especiais contamos cunha carta degustación hoxe, martes, ás 14:30 horas no comedor de carta do IES, onde se elaboran cinco pizzas salgadas e dúas doces. O mércores 27 os alumnos que comen no comedor escolar poderán gozar de dúas sobremesas moi especiais: pizza Nutella e pizza de froitas. Ese mesmo día pola tarde, ás 17:30 horas, impartirá formación ao grupo de adultos e a profesionais da Mariña. O xoves 28 ofrecerase pizza Margarita aos estudantes que comen no centro, elaborada polos alumnos de Hostalería”.
Durante a súa estancia en Foz Franco López está aproveitando para coñecer A Coruña, Santiago e os lugares máis emblemáticos da Mariña luguesa.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



