Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e tamén o presidente da asociación Pasada das Cabras. O rexedor explicou que “queremos promocionar esta ruta como opción deportiva e atractivo turístico. Estase poñendo de moda esta circular. Xa viñeron varios grupos asturianos e galegos. Ten moito interese para camiñar porque combina mar e montaña cunhas vistas espectaculares, de calendario”.
