Burela, 12 de marzo de 2019. A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará do 9 ao 12 de maio, xa ten confirmada a presenza de 120 stands nos que estarán representadas 300 marcas. En total o recinto feiral ocupará por primeira vez 4.000 metros cadrados. Nas últimas horas tivo lugar unha xuntanza da comisión organizadora para ultimar algúns dos detalles do evento. Nas Xornadas Técnicas, que terán lugar o xoves e o venres, presentarase un estudo sociolaboral da pesca en Burela e analizaranse cuestións de interese para o sector.
O alcalde, Alfredo Llano, e presidente da Fundación Expomar contou que “tivemos unha reunión ordinaria para ir mirando o que se está logrando para esta nova edición de Expomar que se vai celebrar do 9 ao 12 de maio. Hai que ser optimista porque a estas alturas xa está practicamente todo rematado, contamos cunha boa presenza de expositores e tamén para as xornadas técnicas e o encontro empresarial. Ademais vaise celebrar aquí en Burela o pleno do consello galego de pesca, paralelamente á feira”.
O rexedor explicou que “hai xa confirmados máis de 120 stands e temos máis de 300 marcas representadas. A inauguración será o día 9, coa conselleira do Mar, sobre a unha e media do mediodía. Tamén ampliamos a superficie de ocupación, antes víñanse empregando 3.500 metros e este ano van ser 4.000 metros os que se van aproveitar para facer unha boa exposición”.
Llano dixo que “as xornadas técnicas, que en principio ían ser só o xoves, imos facelas o xoves e o venres polo seu interese. Entre os temas que se van tratar haberaos de ámbito social e de xestión pesqueira. No ámbito social imos ter a presentación dun estudo sociolaboral da flota de Burela, que pensamos que é extraordinario e vai ter moita importancia nesta feira. Tamén se vai tratar o plan estratéxico de Cepesca no ámbito social, outro será os piares de sostibilidade da pesca e a dimensión social da pesca na política común”.
Llano engadiu que “con respecto aos temas de xestión pesqueira, que se abordarán o venres, farase unha análise da posta en marcha dos plans de xestión, tratarase a visión do sector pesqueiro que teñen os seus representantes, e as novidades sobre o Brexit e a repercusión que pode ter sobre o sector pesqueiro. Finalmente falarase de reflexións a onde vai a xestión pesqueira, verase que pasa coa política pesqueira común e cara onde van as obrigas e os caladoiros, etc. O encontro empresarial vai ser na mañá do venres e paralelamente imos ter o pleno do consello galego de pesca”.
Para o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar “no seu conxunto vai ser unha feira exposición náutico pesqueira moi importante. Pensamos que é agora unha das máis notorias de todo o estado español pola calidade dos seus stands e pola presenza de moitísimas novidades con respecto á pesca. Despois están as xornadas técnicas que consideramos que son interesantísimas, actuais e para aquela xente a que lle preocupa o sector náutico pesqueiro. E tamén temos o encontro empresarial, que sempre saca unhas conclusións que son realmente importantes para o sector, e contamos con algo importantísimo este ano como é o pleno do consello galego, que ofrece unha importancia complementaria para a feira Expomar”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



