Burela, 12 de marzo de 2019.- A Consellería do Mar ten aberto o prazo de matrícula para inscribirse nas accións formativas que se van desenvolver en Burela no primeiro semestre do ano, ben na aula de extensión pesqueira ben na confraría de pescadores .
O primeiro curso a impartir será o de mariñeiro pescador, entre o 25 de marzo e o 5 de abril, cunha duración de 50 horas e un número máximo de 25 participantes. Entre o 22 de abril e o 7 de maio celebrarase un de formación básica, cun máximo de 20 prazas e unha duración de 70 horas. Ambos son indispensables para poder traballar a bordo dunha embarcación e serán impartidos na confraría de pescadores de Burela.
Entre os días 8 de abril e 28 de maio terá lugar tamén nesta localidade lucense o curso de patrón local de pesca, na sección de máquinas, pensado para os que xa contan co certificado profesional de mariñeiro pescador e queren ampliar as súas opcións laborais con este novo certificado. Neste caso convócanse 25 prazas e a actividade ten unha duración de 120 horas.
As accións formativas en Burela tamén inclúen un curso de formación sanitaria específica inicial, que se impartirá do 24 ao 27 de xuño na confraría de pescadores, e outro de actualización de formación sanitaria específica inicial o 29 de xuño.
A realización dos cursos que convoca a Consellería do Mar só require aboar unha taxa de 18,53 euros para a proba de aptitude de cara á obtención do certificado profesional de mariñeiro pescador e de patrón local de pesca. Estas accións formativas teñen como obxectivo impulsar o relevo xeracional no sector.
Neste sentido, actualmente estase a impartir a última das tres accións formativas previstas na aula de extensión pesqueira de Celeiro para este primeiro semestre do ano, un curso sobre formación básica que rematará o día 18 de marzo.
Nos dous primeiros meses do ano completáronse xa os cursos de mariñeiro pescador, entre o 11 e o 22 de febreiro, e de actualización de formación básica, impartido o 21 de xaneiro.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



