Lugo, 24 de marzo de 2019. O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou as 18 actividades ambientais programadas para os meses de abril, maio e xuño nas dúas Reservas da Biosfera. Fernández Queipo avanzou que “xa está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que estean interesadas en participar nalgunha das actividades ofertadas”. Hai en total 565 prazas, das que 455 se distribúen entre os 12 cursos que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño, e 110 para as 6 actividades que terán lugar nos distintos concellos da Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá.
A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos. Cursos de enxerto, de coidado das plantas, ou micoloxía son algunhas das propostas que se desenvolverán nos vindeiros meses. Haberá tamén varios campamentos infantís entre as actividades destinadas aos máis pequenos.
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.
Programación de actividades Terras do Miño
O calendario das 12 actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.
Actividades para adultos
Abril
6 de abril.- Introdución ás boas prácticas en fruticultura: o enxerto. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Maio
4 de maio.- Plantas que curan plantas. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
25 e 26 de maio.- Florecendo-retratando a natureza. Día 25: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Día 26: de 11:30 a 14:30 horas. 20 prazas.
Actividades para familias
Abril
27 de abril.- Micoloxía en familia. De 10:00 a 13:30 horas. 25 prazas.
Maio
11 de maio.- O furón na Reserva da Biosfera Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Xuño
1 de xuño.- Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
3, 4, 6 de xuño.- Planetario. De 17:00 a 20:00 horas. 180 prazas. Celebrarase no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.
5 de xuño.- Unha noite de esmorga. 17:00 a 20:00 horas. 70 prazas. Será no Salón de Plenos da Deputación de Lugo.
8 de xuño.- Libeliñas da Reserva da Biosfera Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Actividades infantís
Abril
15, 16, 17 e 22 de abril.- Campamento Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Xuño
22 de xuño.- Xincana. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
24-28 de xuño.- Campamento verán Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.
Programación de actividades nos Ancares Lucenses
Na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses ofértanse 110 prazas para 6 actividades. O calendario para os vindeiros meses é o seguinte:
Actividades para adultos
Abril
2 de abril.- Planificación do horto primavera verán. De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Terá lugar na Escola de Barcia, en Navia de Suarna.
3 de abril.- Técnicas de enxerto e acodo (teoría e práctica). De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Celebrarase no Edificio de Servizos Múltiples de Cervantes.
Xuño
1 e 15 de xuño.- Cosmética natural. De 16:00 a 20:00 horas. 15 prazas. Terá lugar no local da Asociación Cultural O Teixeiro, en Cervantes.
3 de xuño.- Deshidratación de froitas e hortalizas. De 16:00 a 20 horas. 20 prazas. Terá lugar no Centro Social de Becerreá.
Actividades infantís
Abril
18 de abril.- Contacontos para nenos. De 17:00 a 19:00 horas. 20 prazas. Será na Escola de Barcia, en Navia de Suarna.
Xuño
25-28 de xuño.- Campamento infantil sobre actividades da natureza e reciclaxe. 25 prazas. Será no Centro Social de Becerreá.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



