Viveiro 8-3-19. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste luns 11 de marzo a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo moi especial para celebrar nesta data: a realización dunha Búsqueda do Tesouro por distintas localizacións do Centro Urbano de Viveiro o sábado 23 de Marzo, que comezará ás 17:00 horas dende a Praza Maior.
A Búsqueda do Tesouro estará chea de divertidas probas que se irán desvelando o longo da súa execución. O equipo que gañe entregaráselle a chave do cofre do Tesouro.
Os grupos participantes deberán estar inscritos previamente, poderán participar na actividade os pais/avós cos seus fill@s / net@s entregando tickets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, por importe mínimo de 50€ (permítese a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 50€). A data dos tickets de compra poderá ser dende o luns 11 de marzo ata o luns 18 de marzo.
Para participar deberanse entregar os tickets nas oficinas do CCHV situadas na Rua Diaz Freijo, 3, como plazo máximo ata o luns 18 de marzo ás 20:00 horas. Unha vez comprobada a súa validez procederase á inscrición do grupo participante.
Con esta campaña, o mesmo tempo que dinamizamos o comercio e premiamos a fidelidade dos clientes do CCHV, proxectamos a idea de pasar tempo de calidade cos seres queridos e que sexa un día para o recordo.
Os obxetivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.
SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE SHAPE