Cervo 9-3-19. A cea da Muller de San Cibrao tivo lugar este venres no restaurante Buenavista, participaron 118 mulleres, ademais do rexedor cervense, Alfonso Villares.
Ao remate entregáronse os premios ás gañadoras dos campionatos de tute e parchis que se estiveron xogando este último mes e que recaeron en :
PARCHÍS
1º María Luisa Sarmiento e María José Calurano
2º Inés González e Victoria Muñiz
3º María Teresa Alonso e Mª Carmen Vilariño
TUTE
1º Genma Deán e Pilar Prieto
2º María Dolores Rapa e Elda Gallego
3º María Elena González e Mari Luz Fernández
Tamén se sortearon agasallos cortesía das diferentes asociación de mulleres de San Ciprián (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade e Mulleres de San Ciprián) e houbo baile na Casa do Mar a cargo de Mar de Arousa.