En 1.993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase COMMEDIA un xoguete para Goldoni un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisitamos aquela experiencia, celebramos aquela festa teatral. Teatro Pastor Díaz, sábado 23 ás 20.30h. Auditorio municipal de Ribadeo, domingo 24 ás 20h.
