Viveiro 1-3-19. A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, puxo marcha o Xoves de Comadres, intentando animar esta data tan sinalada do entroido de Viveiro.
Preténdíase relanzar este día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida. E así foi.
Cinco locais de hostalaría ofrecían menús especiais de Entroido a un prezo de 20€, un importe moi económico para animar ás comadres á troula. Foron Casa Pepi, Asador A Quinta, Mesón O Recuncho, O Garaxe e Arume Gastrobar. Entre tódolos grupos sumaron mais de 60 comadres ceando, mais as que se sumaron da ruta do Juepeo de Comadres, que foron varios grupos mais. Entre tódas sortábase un premio especial “Sexy Love” ó grupo mais divertido. Algo que se tornou moi complicado para o xurado posto que tódolos grupos fixeron da noite de comadres unha noite inolvidable, así que se optou por facer un premio conxunto e darllo a tódolas comadres. O premio consistía nunha reunión de tuppesex da man da empresa Doce Love, así que tódalas comadres volverán a reunirse para disfrutar dun premio super divertido.
Dado o éxito da convocatoria deste ano, esperamos dar continuidade a unha data tan relevante para o entroido de Viveiro. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro aposta unha vez mais por colaborar con entidades e colectivos que manteñen viva a nosa vila… isto sen o comercio local non sería posible.
Grazas a “Las vecinas de mi barrio” “As Trapalleiras” “Las señoras que quedan pa ir andar” “Las leopardas” “las sueltas2, “a paiasas no nos gana naide”, “a madriña” Sen vós isto SI que non sería posible.
Que viva Don Carnal e o Entroido de Viveiro!!