A Xoia Laranxa porá rumbo nas próximas horas a Almería para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas defendendo a Galicia. A expedición irmandiña partirá pola noite desde Lugo, xunto ao combinado feminino infantil, con campionato paralelo en Santa María del Águila e Vícar. Galicia debutará o xoves ante Castela e León, 12.30 horas. O resultado determinará o camiño do resto do campionato; se Galicia perde xogaría de novo o xoves ás 19.00 horas contra Estremadura. Se gaña, o rival sería o mesmo, malia que o segundo enfrontamento sería o venres 29 ás 12:30 horas























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



