O Valadouro, 28 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe varios municipios da Mariña lucense en compañía da alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; os alcaldes de Alfoz, O Valadouro e Burela, Jorge Val, Edmundo Maseda e Alfredo Llano; o candidato ao Senado por Lugo, César Mogo, e a deputada autonómica Patricia Otero, entre outros membros do partido na bisbarra.
Alí, o líder dos socialistas galegos puxo o foco na situación dos pequenos municipios, que sofren “desatención e abandono” por parte da Xunta, para esixir a Feijóo que “poña a cabeza” nos carencias do medio rural tanto en materia de infraestruturas coma de solo industrial e de servizos públicos.
Así o dixo Gonzalo Caballero antes de participar na concentración en defensa da sanidade pública en Burela, dende a convicción de que os pequenos concellos de Galicia son “unha cuestión de futuro”, e reclamou a Feijóo que dea “alternativas” que permitan “revitalizar” o medio rural.
Fronte a isto, o máximo dirixente do PSdeG recordou que os socialistas “temos un proxecto de goberno para a maioría”, como ten demostrado Pedro Sánchez, quen en nove meses “permitiu que os galegos e as galegas vexan a importancia de ter un goberno de esquerdas”.
É por iso que Gonzalo Caballero afeou as críticas de Feijóo: “Mentres o goberno socialista subiu as pensións, eliminou o copago farmacéutico, aumentou a protección dos autónomos, deu garantías aos desempregados de larga duración…, Feijóo vive na súa realidade e di que a Galicia vaille mal”.
“Cando ataca ao goberno socialista, Feijóo é un jetas que se esquece dos avances do goberno socialista para os pensionistas, para os desempregados e para os que cremos na educación e na sanidade públicas e só pensa no PP e nos intereses de Casado en pactar coa ultradereita”, concluíu o líder do PSdeG.
VISITA Á MARIÑA
O secretario xeral do PSdeG visitou hoxe varios concellos da Mariña, onde aproveitou para visitar a cooperativa da IXP Fabas de Lourenzá e a empresa de carrocerías Hermanos García Rega e para manter un encontro cos armadores de Burela.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



