Alfoz, 23 de marzo de 2019. Xabier Pardiñas, Tenente de Alcalde e concelleiro de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, recibiu no Castelo do Castrodouro aos preto de noventa participantes da Segunda Xuntanza de Vehículos Clásicos organizada por Autoclásicos da Mariña Lucense e Clásicos Val do Ouro.
Os participantes puideron ver as exposicións “Escuelas Unitarias de Alfoz” e “Percorrido polos Tesouriños da colección numismática do Museo Provincial de Lugo” que actualmente albergan as instalacións do Castelo do Castrodouro e visitar o Museo das Zocas, onde Alberto Geada entregou unha zoca con motivo especial de vehículos clásicos.
Durante as próximas datas o Castelo do Castrodouro recibirá distintas visitas programadas. O próximo luns 25 de marzo serán trinta estudantes franceses os que se achegarán a coñecer a historia e o entorno do Castelo e o próximo sábado 30 de marzo será a quenda dunha nova xuntanza, en este caso de autocaravanas na que se esperan o redor de cen participantes.