O programa comezou cunha charla-coloquio, que se celebrou no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade levou por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participaron as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estivo representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.
Despois a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo. A xornada rematou cun xantar organizado pola asociación de amas de casa Praia da Marosa.
