Mondoñedo, 14 de marzo de 2019 .- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, e o secretario provincial de Cruz Vermella Española, José Luis Fernández Armesto, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na que acordaron potenciar o sistema de localización de persoas LoPe.
A rexedora avanza que o sistema “funcionará de maneira inmediata para quen o precise ou demande de xeito completamente gratuíto”.
Persoas con deterioro cognitivo leve os discapacidade
LoPe é un servizo para familiares e coidadores de persoas con deterioro cognitivo leve ou discapacidade. Posibilita a permanencia da persoa no seu contorno familiar e facilita a labor do coidador ou coidadora habitual. No caso de necesidade proporciona atención inmediata a través dun xeolocalización por dispositivo GPS.
En concreto o servizo baséase na utilización dun dispositivo que permite a localización das persoas con deterioro cognitivo leve nos seus desprazamentos fóra do domicilio. O familiar ou coidador será o encargado de poñer e retirar o dispositivo que, cargado e prendido, envía de forma automática a posición cada tres minutos. As persoas usuarias limítanse a levar o dispositivo cando saen do seu domicilio e son os familiares e coidadores os que acceden ás localizacións.
84 usuarios nos servizos de podoloxía e psicoloxía
Co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos maiores o departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo ten posto en marcha xa ademais outros servizos, como son o de podoloxía e o de asesoramento e atención cognitiva e/ou entrenamento en capacidades mentais.
Actualmente benefícianse destes servizos 84 persoas; 28 reciben atención psicolóxica e 56 foron atendidos en podoloxía, 16 no seu domicilio e 37 no centro. No caso do servizo de podoloxía, os usuarios que poden desprazarse son atendidos no Centro de Servizos Sociais Comunitarios de Mondoñedo e os que non, son atendidos nas súas propias vivendas. Os usuarios de atención cognitiva son atendidos nos seus domicilios.
Ambos os servizos están dirixidos ás persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar como persoas con dependencia. O Concello conta con 111 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



