Foz, 15 de marzo de 2019. O equipo de goberno do Concello de Foz presentará a vindeira semana, aos partidos que forman parte da Corporación Municipal, o proxecto de orzamento para 2019. O capítulo de ingresos ascende a máis de 8 millóns de euros e o de gastos sitúase nos 7.100.000 euros. O alcalde, Javier Castiñeira, explica que se trata dun presuposto condicionado polo plan económico financeiro. Aínda así o equipo de goberno plantexará dúas opcións ás outras formacións políticas, co obxectivo de que os orzamentos poidan saír para adiante. Unha opcións pasaría por dar cumprimento rigoroso ao plan económico financeiro e a outra incrementaría a partida de gastos para poder executar algúns proxectos.
O rexedor focense dixo que “dende o equipo de goberno queremos informar a todos os veciños que na semana que ven presentaremos o borrador dos orzamentos do ano 2019. Son uns orzamentos que veñen condicionados e son complexos, posto que estamos dentro dun plan económico financeiro, que se aprobou o ano pasado, ben rigoroso e que condiciona as contas, especialmente as partidas de gastos”.
Javier Jorge Castiñeira explicou que “en números totais, o orzamento de ingresos se estima que pode roldar os 8.016.371,43 euros, incorporando a esa partida os 500.000 euros polo canon do novo contrato da auga e que vai dentro do plan económico financeiro. A partida de gastos está establecida en 7.147.520,16 euros, limitado tamén cunha partida de gasto non dispoñible de 140.000 euros ademais dese superávit que son case 900.000 euros, que é a diferenza entre ingresos e gastos. É un superávit obrigado polo plan económico financeiro e tamén polas restricións da lei do Ministerio de Facenda que regula o teito de gasto do noso Concello”.
O alcalde manifestou que “estamos moi limitados porque o superávit non satisface a ninguén e hai que establecer unha serie de prioridades que nosoutros entendemos que son: unha partida de gasto de 200.000 euros para esas axudas de emerxencia ao acceso da residencia que imos abrir en poucos días, unha partida no capítulo de persoal para asumir esa nova RPT que hai pactada cos traballadores e que suma 55.000 euros máis á partida de persoal, e hai que sumar tamén unha nova praza de asistente social, posto que necesitamos duplicar este servizo. Con esas limitacións entendo que é fundamental priorizar esas tres circunstancias”.
Para Javier Castiñeira “redúcese moito a partida de inversións que irán basicamente no Plan Único da Deputación e soamente se contemplan os proxectos tanto da rúa do Pilar como tamén da rúa do Cemiterio, e a parte proporcional que ten que poñer o Concello para ese convenio que ten coa Deputación para financiar a canceira, que son 30.000 euros aproximadamente, que ten que poñer o Concello xunto aos 100.000 euros que puxo a Deputación”.
O rexedor focense subliñou que “ante esas circunstancias, o equipo de goberno propón que haxa dúas alternativas, unha é a restritiva e outra é baixar o superávit, cinguirnos a cumprir non moi pulcramente o plan económico financeiro, aumentar esa partida de gastos para que se puideran facer o plan de emprego e o plan verán, como se fixo o ano pasado, e ademais incluír 90.000 euros para a compra dos terreos da depuradora. Esa alternativa terá que decidila a Corporación, na que nosoutros tamén estaríamos de acordo. Entendemos que o superávit non beneficia a ninguén, pero si que é certo que estaríamos incumprindo parte do plan económico financeiro”.
Javier Jorge Castiñeira indicou que “esas dúas opcións son as que se lles van presentar aos compañeiros da Corporación. Entendemos que hai un bo clima, e eu creo que é necesario aprobar eses orzamentos porque hai moitas persoas pendentes dos mesmos para levar adiante as súas cousas cotiás, como son todas as persoas que van solicitar a axuda de emerxencia para acceder á residencia. Esperemos que para a semana que ven poidamos chegar a acordos, como se fixo nestes últimos anos, e contemos cuns orzamentos que polo menos dean satisfacción a todas estas necesidades de Foz”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



