Lugo, 20 de marzo, 2019.- O PP consegue o apoio da Deputación ás propostas do comité de empresa que garantan a continuidade do funcionamento e o emprego na planta de Alcoa na Mariña. O deputado Demetrio Salgueiro agradeceu que se convirta a moción do PP como unha proposta institucional co propósito de dar unha mensaxe de unión “nun asunto de vital importancia para a provincia”.
Explicou que a situación é complicada, Alcoa emprega a uns 2.000 traballadores, 1.200 fixos e 800 empresas auxiliares que desenvolven o seu traballo na planta e ten unha repercusión estimada en 6.000 familias que viven do comercio, da hostalería, do transporte e da actividade que xera ao seu arredor. “Temos que dar unha mensaxe de unión e defensa deses postos que se ven ameazados e creo que ata este momento lanzamos dúas mensaxes de unión en dous plenos pasados con motivo do anuncio de peche de Avilés e A Coruña e sempre se vía a ameza como forma de reclamar melloras, máis fondos ou mellores condicións nos prezos da enerxía pero anunciado iso vemos que Alcoa é unha multinacional e que ao final o que lle importan son os números, nin as familias nin os postos de traballo e creo que é unha tarefa de todos establecer os mecanismos para que gañe cartos porque así gañaremos todos”.
“Máis do 30% do PIB da provincia procede de Alcoa, por iso afecta a toda a provincia e incluso iría máis aló porque consume máis do 3% da enerxía nacional e crearía un problema en cadea que repercutiría a máis sectores. Tomáronse decisións que contribuíron a unha solución temporal para manter o emprego na zona aínda que foron parches puntuais e agora ponse sobre a mesa un mecanismo novo que é un borrador do estatuto do consumidor electrointensivo que trae máis incerteza. As empresas electrointensivas eran 8 e van ser máis de 250 que terían acceso a estes recursos económicos, polo que é necesario a través das alegacións que o Estado mire este tema con delicadeza e acepte esas alegacións que suporían que puidera seguir coa súa actividade na Mariña, senón sería nefasto para Lugo, a provincia e A Mariña.
“Modificouse a proposta de acordo recollendo o que achegou o comité de empresa e así se trae a pleno para lanzar unha mensaxe de esperanza e pedir ao Goberno que se poña mans á obra con estas alegacións que serán boas para todos os traballadores e, polo tanto, para toda a provincia”, precisou.
Acordo:
1º) Instar ao Goberno galego e ao Goberno español a que se constitúa unha Mesa de Traballo onde estean presentes todos os sectores afectados, sen exclusións e transparente, para desenvolver o estatuto da industria electrointensiva.
2º) Instar ao Goberno español a que se vaian facendo efectivas de inmediato estas medidas nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2019, e se contemplen no texto definitivo de regulación do estatuto de consumidores electrointensivos as seguintes medidas que nos dotarán dun marco enerxético estábel para a industria electrointensiva:
– Modificar o sistema tarifario para que as industrias hiper-electrointensivas non soporten os seguintes peaxes que non forman parte do custe de produción da enerxía: primas renovábeis, custes extrapeninsulares, pagos por capacidade, 2ª parte do ciclo do combustible nuclear e déficit tarifario. Peaxes que deben ser asumidas polos Orzamentos do Estado para non repercutir no resto de consumidores.
Por esta rebaixa no prezo da tarifa eléctrica, co esforzo social que supón pasar estas peaxes aos Orzamentos, as empresas, que se acollan a esta tarifa, deberán manter o emprego propio e fixo en todos os seus centros de traballo, así como inversións que garantan a adecuación ás novas tecnoloxías. Medidas que deben ser controladas pola administración públicas.
– Con cargo aos Orzamentos do Estado, a industria hiper-electrointensiva terá a máxima compensación permitida pola UE por CO2, por competir con industrias instaladas noutros países onde non se limitan as emisións de dióxido de carbono.
– Lexislar as opcións de contratos bilaterais entre as empresas hiper-electrointensivas e as compañías eléctricas segundo o modelo francés que permite asinar contratos a longo prazo, 10 anos. Favorecendo así plans industriais e de inversións.
– Ademais, para producir unha rebaixa xeral no prezo da electricidade, sen que se repercuta no funcionamento do sector eléctrico, haberá que retirar do mercado maiorista (pool), as centras hidráulicas e nucleares, que pasarán a cobrar por custes recoñecidos aprobados a proposta da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
– De manterse algún tipo de compensación pola interrumpabilidade dentro do regulamento do estatuto de consumidores hiper-electrointensivos esta será como mínimo de carácter trianual.
– Ata a entrada en vigor desta nova tarifa, que é urxente e inaprazable, manteranse con carácter transitorio, para as industrias electrointensivas as poxas de interrumpibilidade, mantendo a medidas dos importes dos últimos anos, cos mesmos bloques e recuperando o aviso previo de parada de 2 horas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



