Alfoz, 22, marzo, 2019. O Grupo Municipal Popular de Alfoz presenta para o seu debate na última sesión plenaria deste mandato que se desenvolverá este venres unha moción de urxencia na que pide ao Goberno do Estado a revisión da proposta do estatuto do consumidor electrointensivo por ser prexudicial para a central de Alcoa en San Cibrao e poñer en perigo o seu mantemento. “Tendo en conta a importancia da planta de Alcoa de San Cibrao para toda a comarca da Mariña, exiximos o mantemento da súa actividade económica e, polo tanto, dos postos de traballo da central”, manifestou o portavoz popular, Juanjo Fraga.
Os populares exíxenlle tamén ao Goberno do Estado que dea unha resposta viable e efectiva ás necesidades consensuadas coa industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo competitivo para este tipo de empresas, coa necesidade de introducir seguridade no sector e permitir que o conxunto das empresas electrointensivas compitan en igualdade de condicións que o resto das factorías a nivel internacional; co obxectivo de que Alcoa manteña a súa actividade e, polo tanto, o emprego na central de San Cibrao.
Juanjo Fraga indica que “a planta que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao é de vital importancia para a realidade socioeconómica da comarca da Mariña, xa que supón un emprego directo duns 1.200 traballadores (sumando as fábricas de aluminio e alúmina) e indirectamente estímase que a economía dunhas 6.000 familias depende deste complexo”.
Reclaman medidas ante o perigo da planta de San Cibrao
En outubro de 2018 o grupo Alcoa Inespal anunciaba o peche das súas plantas da Coruña e Avilés e, dende aquela “as novas medidas propostas polo Goberno do Estado para compensar á gran industria dos elevados gastos eléctricos e, polo tanto, de produción; lonxe de apagar o incendio, avivaron o lume”. De feito, non son suficientes para igualar os custes cos competidores europeos. É máis, o estatuto do consumidor electrointensivo que propón o Goberno do Estado fixo que Alcoa alerte de que a súa central sita en San Cibrao está en perigo. A proposta non foi ben acollida tampouco polos representantes dos traballadores nin polas administracións autonómicas asturiana e galega.
Desde o Grupo Municipal Popular de Alfoz reclaman que “o Goberno do Estado teña un plan serio de traballo, sobre todo nun asunto de tal importancia coma este, tal é como fixo o anterior Goberno do Estado tomando as medidas necesarias, cando xurdiu algunha problemática, para garantir o mantemento da actividade económica da central de Alcoa en San Cibrao”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



