A Pontenova, 13 de marzo, 2019. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, lamenta a xestión dos socialistas que “mantén ao Concello da Pontenova paralizado igual que o Goberno de Pedro Sánchez mantén paralizada a España e sen un Goberno estable”. A popular sinalou que “o PSOE non ofrece gobernos estables e de garantías” e, polo tanto, convidou a confiar no Partido Popular”.
Nese sentido, agarda que David Gutiérrez Álvarez, como candidato do PP á alcaldía do Concello da Pontenova, logre o apoio dos seus veciños e veciñas, logo de catro anos de traballo na oposición, para “acabar coa parálise na que o Goberno local ten sumida ao municipio despois de doce anos nos que non se fixo nada”.
Candia asegura que “os populares da Pontenova traballaron facendo unha oposición construtiva aportando ideas que incluso chegaron a impulsar dende o equipo de Goberno”. Así, aposta por “un Goberno do Partido Popular na Pontenova que poña aos veciños e veciñas no centro dos seus intereses igual que o de Pablo Casado fará dende Madrid”.
O candidato popular, pola súa banda, asegura que “o Goberno socialista está instalado na mentira”; xa que “aseguraban a apertura da residencia de maiores e centro de día cando en realidade no rexistro do Concello non consta sequera ningún contrato de compra-venda dos terreos necesarios para a súa construción”.
Do mesmo xeito, Gutiérrez Álvarez sinala que “a parálise do Concello apréciase, entre outras cousas, na falta de iniciativa por aumentar o polígono industrial que favoreza o crecemento das industrias que o requiren e que mesmo teñen anunciado o seu desexo de marchar da Pontenova ante a falta de solo industrial”.
“Outro exemplo da falta de proxecto para A Pontenova é a falta dunha aposta polo sector turístico que se traduce na falta de oportunidades para os comercios e locais hostaleiros que ven como agora non aparece ninguén pola Ponte. Así o manifestan empresarios locais e o resto de veciños e veciñas”, indica o candidato do PP á alcaldía.
Alcalde ausente
David Gutiérrez Álvarez sinala que “o alcalde e presidente da Deputación non está nunca no Concello senón na institución provincial. E o mesmo sucede co tenente de alcalde que tampouco está polo Concello para atender as necesidades dos pontenoveses”.
Así mesmo, o popular defende que “con botar asfalto non chega para cumprir cun mandato. Hai que preocuparse polas necesidades dos veciños e darlles resposta no día a día procurando garantirlles os servizos”.
Cambio necesario
Ante esta “parálise”, o candidato popular avoga por “un cambio que é necesario para o noso Concello”. Nese sentido, Gutiérrez Álvarez comprométese a “traballar atendendo aos pontenoveses, procurar o desenvolvemento industrial que o municipio precisa e potenciar o sector turístico”.
Nesa liña, o candidato do Partido Popular á alcaldía da Pontenova avanza que “ofreceremos aos veciños e veciñas a oportunidade dun cambio no Goberno local coa conformación dun bo equipo de cara ás vindeiras eleccións municipais”.
Currículo
David Gutiérrez Álvarez é médico e desempeña este labor no municipio dende o ano 2011. Foi cabeza de lista do PP no municipio da Pontenova nos pasados comicios electorais do 2015 e dende entón é portavoz do Grupo Municipal Popular.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



