Reiniciamos as presentacións pola Mariña da novela “A fuxida”. Non podemos escoller mellor sitio que Mondoñedo. O 8 de marzo, Día da Muller, estivemos no Salón de Plenos do concello xunto á súa Alcaldesa, Elena Candia; a un Manolo e a outro, ambos concelleiros; a María Xosé, Carlos, Manolo Barreira, Luís Ansedes, Rubén e moitos máis. E contamos coa inestimable colaboración musical de Alejandro Barreira, que nos cantou “El sitio de mi recreo”, “Ultravioleta” e “Que vuelva” (composición propia) co seu estilo rítmico e melódico a un tempo. Un trato moi cordial, a amizade de tanta xente e un pouco de literatura acaban facendo unha mestura marabillosa, un soño para un escritor cama min. Grazas ó concello de Mondoñedo pola súa amable acollida e a todos os presentes por acompañarme.
