Ribadeo, 19 de marzo de 2019. Xa están operativos os vestiarios e as duchas da Casa das Algas, tras as obras costeadas polo Concello con fondos propios. Unhas melloras das que se beneficiarán as rapazas e os rapaces que practican remo en Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou esta mañá que “por fin e despois de semanas de traballo xa están operativos todos estes aseos, que o Concello con fondos propios decidiu construír na Casa das Algas, aquí na Vilavella, para dar un maior e mellor servizo a todos estes rapaces e rapazas de Ribadeo e da contorna que están agora, nestes últimos anos, impulsando o remo en Ribadeo”.
O rexedor lembrou que “se trata dun deporte que foi moi potente nos anos 80, pero que logo decaeu ata hai uns cinco ou seis anos, momento no que volveu tomar impulso e onde temos ultimamente campioas de España, de Galicia e temos moita xente moi potente, que si a seguimos apoiando desde as administracións lograrán grandes fazañas”.
Para Suárez Barcia “unha fazaña moi importante é que puideran ter auga quente para ducharse, que era o que non tiñan e hai que ter en conta que estes deportes duros coa friaxe da ría, en horarios intempestivos, adestrando non cando queren senón cando a marea o permite… era unha necesidade que por fin vai estar cuberta grazas a este diñeiro de fondos propios e a todos os permisos que tivemos que tramitar, moi complexos porque é unha zona de costa e ten moitas autorizacións sectoriais, tanto autonómicas como estatais, pero por fin as cousas ben feitas chegan a bo porto e por fin estes servizos e estas duchas están operativas”.
O alcalde de Ribadeo visitou nas últimas horas as instalacións.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



