O focense foi 29º na proba celebrada en Sevilla
Será este domingo, 2 de xuño, co seguinte programa: Visita ao cemiterio de San Froilán (no conexto da semana europea dos cemiterios). Visita guiada polo centro histórico. Xantar. Visita ao vello cárcere (centro cultural). A saída será ás 9 da maña da Estación de Autobuses de Ribadeo. Prezo: 25€ para socios/as; 35€ para non socios/as. Interesados/as contactar a través de whatsapp no 649631903.
A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación e as persoas asistentes amosaron o seu interese en que volva a realizarse. Durante a sesión aprendéronse estratexias que poden resultar de utilidade para ter un adecuado manexo do estrés e a ansiedade, o que facilitará lograr a adaptacón óptima a momentos de cambio e/ou dificultade, ademais de poñer en práctica diferentes técnicas de relaxación.
Neles está a prepararse "La Tuya", tiñendo o sal, e recollendo flores. Necesítase para elo axuda e colaboración, sobre todo de xente nova, para o que está citada o sábado 1 de xuño a partir das 20:30h na Praz Maior.
3.500 m remou a tripulacion mariñá nunha regata a 4 longos con 3 ciabogas. Esta vez, o Clube de Celeiro, único da provincia de Lugo, acadou a 2° posición en categoría mixta. A vindeira fin de semana celebraranse 2 novas regatas pertencentes a esta liga, o sábado en Vila de Cangas e o domingo en Esteiro.
O creador e poeta Quique Roxíos non puido acudir a ler o seu pregón, por motivos persoais graves. Foi o ribadense Anxo Martíns o encargado de poñerlle voz ao texto escrito polo autor de Boal distinguido polo seu compromiso coa fala do Eo-Navia. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, abriu o acto, fixo unha semblanza de Quique Roxíos e disculpou a súa ausencia.
A Plataforma pola paz da Mariña lucense e occidente asturiano ten remitido unha carta a todos os centros educativos de dita comarca, facendo un chamamento para que se fomente neles a reflexión entre o profesorado e o alumnado “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial e especialmente a día de hoxe o xenocidio que sufre o pobo de Gaza, sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”. Tamén ofreceu a súa colaboración para levar adiante os actos que se pretenda realizar, na forma que cada centro considere conveniente.
Convócase aos socios do Ribadeo, F.C. á asamblea xeral que terá lugar o 10 de Xuño, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e as 20,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Casa Sindical na Avenida de Galicia, 20 de Ribadeo segundo a orde do día: Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior, si procede. Estado de contas tempada 2023-2024. Memoria deportiva tempada 2023-2024. Memoria 2020-2024. Rogos e preguntas. Elección novo presidente.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital