Foz 1-4-19. A mediados do curso pasado comezaron unha campaña para conseguir un desfibrilador para o colexio. Coa colaboración de Salutrans propuxéronse o obxectivo de conseguir o pack máis completo posible, consistente nun desfibrilador, formación para empregalo e unha vitrina na que no momento en que este se sacase dela soase a alarma na centraliña para saber que hai unha urxencia. Para conseguir todo isto tíñan un reto, vender 1000 pulseiras. Grazas á colaboración de nais e pais que se puxeron a vendelas e ós establecementos que deixaron poñelas nos seus locais o obxectivo foi conseguido. O profesorado, o persoal de servizos e colaboradoras do comedor xa foron formados no seu uso. Se non hai novidades este luns día 1 de abril colocarase no colexio. A formación en primeiros auxilios salva moitas vidas e por iso é interesante que a comunidade educativa poda formarse nesta materia, nestes días tocaralle o turno ó alumnado. O pabellón do colexio é usado por outras asociacións polo que o recurso podería ser utilizado, de ser o caso.
