Foz, 1 de abril de 2019. O pavillón polideportivo focense Torques, de Marzán, acollerá unha velada de kickboxing o día 20 deste mes, sábado, a partir das 20:30 horas. Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que “na Semana Santa do ano 2018 fixemos a primeira toma de contacto con este deporte, que nos deixou moi satisfeitos e este ano repetimos con melloras e xente local. Despois do éxito da primeira velada, Vanessa Ares, impulsora da mesma creou o club Foz Contact Ari, do que tamén é adestradora, para que todas aquelas persoas que lles gustara o boxeo ou o kickboxing puidesen aprender e practicalo. En menos de 8 meses xa son unha vintena, desde os 8 ata os 53 anos. O primeiro club de kickboxing presidido por unha muller conta con xente de Foz, Mondoñedo, Burela, Ribadeo e Vegadeo, amosando o interese deste deporte na nosa comarca, non só por parte de homes senón con presenza de mozas”.
Ademais destacan que “a velada deste ano contará con varios alicientes:
será sede da Liga Galega de Kickboxing; poderemos ver 8 combates, entre os que teremos a dous loitadores focenses, Pablo Rey e Aaron Cortés, ademais de Iago Ríos e Beni Córdoba, tamén pertencentes ao club Foz Contact Ari. De Foz sairán 3 campións da Liga Galega e gozaremos das modalidades de Lowkick, K1 e Full Contact. E non só iso, a nosa campioa galega de Lowckick, Vanessa Ares, protagonizará un combate internacional contra Ceu Maceda. Necesitamos o alento e os ánimos dos veciños e veciñas de Foz para que sexa unha gran noite para os/as nosos/as. Ademais, de 16:30h a 19:30h o noso pavillón terá portas abertas para que todas as persoas que o desexen poidan ver pequenos combates, así como unha exhibición dos/as máis pequenos/as do club local. As entradas anticipadas estarán á venda desde mañá, martes, 2 de abril, na cafetería Húcar, de Barreiros, e na Casa da Xuventude de Foz. Os prezos serán: 12 euros na grada e 14 euros en silla. O mesmo día da velada tamén se poderán adquirir no pavillón, a 14 euros na grada e 16 euros en silla”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
