Ribadeo, 1 de abril de 2019. A concelleira de Comercio, Ana Martínez, lembra que a partir do xoves desta semana, 4 de abril, poderanse canxear nas oficinas de ABanca en Ribadeo 30 euros por 40 panchas para poder gastar nos establecementos adheridos á campaña da moeda local. As panchas poderán empregarse entre o 5 de abril e o 5 de maio. Son 1.000 packs os que se poñen en circulación. Ana Martínez anima ao comercio local a inscribirse, aínda poden facelo ata este mércores e invita tamén á xente de Ribadeo e de fora da vila a participar nesta importante campaña que moverá 40.000 euros para gastar no comercio local durante un mes.
A edil dixo que “dende o Concello de Ribadeo queremos lembrar que nesta semana, a partires do xoves 4 se poderán adquirir en ABanca, os packs da Pancha, a nosa moeda local, que estará en curso desde o 5 de abril ata o 5 de maio, por un valor total de 40.000 euros para poder gastar no comercio local de Ribadeo, e que se poñerán á venda nun total de 1.000 packs”.
Ana Martínez subliñou que “serán unicamente 1.000 packs os que estarán dispoñibles, que no momento que se esgoten xa non se poderán adquirir máis, e polo tanto eu penso que é interesante que a xente que estea pensando en como adquirir esta moeda o vaia tendo en conta. A partires do día 4, xoves, nas oficinas de ABanca estarán dispoñibles os 1.000 packs nos que cada un de nós pagaremos 30 euros e poderemos recibir 40 panchas. Son 10 euros de regalo que se adquiren ao comprar as panchas. Como digo poderá facerse en ABanca, estarán dispoñibles ata que se esgoten e poderán gastarse desde o venres 5 de abril ata o 5 de maio, nos máis de 50 comercios adheridos ata día de hoxe en Ribadeo. Aínda hai establecementos que están a piques de adherirse, polo tanto entendo que a cifra será superior, e recordar a todos eses comercios que aínda non trouxeron a documentación, pero que si nos comunicaron o seu interese en participar neste programa da moeda local Pancha, a nosa moeda de Ribadeo, que o poden facer ata o día 3”.
A concelleira de Comercio e Turismo quere “animarvos a que esteades xa preparando esa posibilidade de adquirir a Pancha e a vir a Ribadeo a gastar e comprar no mellor comercio local”. Esta campaña está organizada polo Concello coa colaboración de Acisa e ABanca.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



