Lugo, 07 de marzo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar, a través da publicación no portal de contratos de Galicia, a obra de retirada de recheo sobre o xacemento arqueolóxico de Lavandeiras, no termo municipal de Xove, para as que reserva un orzamento que supera os 212.300 euros.
A iniciativa prevé recuperar este espazo de interese arqueolóxico, do que non se tiña constancia, descuberto no transcurso das obras de construción do primeiro treito lucense do corredor da costa, en concreto o treito entre San Cibrao e Celeiro da vía de altas capacidades Costa Norte.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que unha vez detectada a presenza do novo elemento patrimonial, a administración autonómica promoveu distintos traballos de prospección arqueolóxica seguindo as pautas marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que, una vez finalizados, ditaminou a necesidade de retirar o recheo de terras que cubre este xacemento.
De feito, o obxectivo do contrato é a retirada de entorno a 13.000 metros cúbicos de terra acumulada sobre o xacemento de Lavandeiras e o restablecemento ao seu estado inicial da superficie. Balseiro explicou tamén que, de xeito complementario, durante estes traballos realizarase un estudo arqueolóxico máis en profundidade dirixido á posta en valor deste espazo.
Como resultado da investigación arqueolóxica realizada deducise que o xacemento presenta unha estrutura arquitectónica prehistórica de planta circular (henge) e cuxa cronoloxía se remonta, cando menos, á Idade do Bronce tardía.
Esta tese queda confirmada por variedade de evidencias estruturais exhumadas que nos indican a creación dun espazo circular ben delimitado. A este carácter construtivo hai que sumar o carácter ocupacional do recinto, ratificado, entre outras evidencias, polos materiais localizados (basicamente fragmentos cerámicos), os cales nos remiten de novo á fase media e final da Idade do Bronce.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



