Consistiu en facer unha saída por un tramo do paseo da Marosa e identificar as especies máis representativas do litoral, facendo fincapé na diferenza entre a flora autóctona e a invasora. Desde Gaia explican que “non debemos esquecer que a introdución de especies invasoras é considerada a 2ª causa de perda da biodiversidade a nivel mundial segundo a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza)”.
