Cun investimento de máis de 217.000 euros, a actuación transformará esta rúa céntrica para convertela nun espazo máis accesible, seguro e atractivo para a veciñanza
Burela, 29 de agosto de 2025. O Concello de Burela iniciará o vindeiro 1 de setembro as obras de humanización da rúa Curros Enríquez, no treito comprendido entre as rúas Castelao e Rosalía de Castro. O proxecto suporá un investimento de 217.129,42 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación de Lugo, e terá unha duración estimada de tres meses.
A intervención desenvolverase en dúas fases: a primeira, entre Manuel Murguía e Pardo Bazán; e a segunda, entre Pardo Bazán e Rosalía de Castro. Durante estes traballos, a circulación de vehículos nesta rúa quedará restrinxida temporalmente, seguindo as indicacións da Policía Local.
O proxecto contempla así unha transformación integral da vía, incluíndo a creación dunha plataforma única sen beirarrúas para mellorar a accesibilidade, a ampliación de aceras actualmente moi limitadas, a renovación do pavimento con combinación de formigón abuxardado e zonas adoquinadas, a instalación de árbores, bancos e xardineiras, así como a modernización do alumeado público.
“Son unhas obras moi necesarias para avanzar na humanización do centro de Burela. É certo que van causar certas molestias no tráfico, pero o resultado será unha rúa máis accesible, cómoda e atractiva, pensada para as persoas”, destacou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández.
Pola súa parte, a alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou que o Concello traballa xa para garantir alternativas de estacionamento durante a execución dos traballos:
“Humanizar significa tamén gañar espazo para a cidadanía, e iso require reorganizar prazas de aparcamento. Sabemos o importante que é contar con alternativas, polo que desde o Concello estamos a ultimar convenios para habilitar novas zonas próximas”, aseguraou a López.
Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis na súa estratexia de humanización do centro urbano, “seguimos a liña de melloras realizadas en vías como Rosalía de Castro, co obxectivo de crear un espazo máis habitable, seguro e pensado para convivir, pasear e gozar dunha Burela mellor”; concluíu Fernández.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



