Ribadeo, 29 de agosto de 2025. Ribadeo investiu 20.000 euros en diversas melloras realizadas na escola infantil, grazas a unha nova achega da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe visítannos o director xeral de Familia e o xerente da Rede de Escolas Infantís da Xunta de Galicia para comprobar en situ a mellora da escola infantil. Actuamos mellorando a fachada, reforzando a fachada e tamén todo o muro exterior, o muro principal, e novo equipamento concretamente armarios. Foron 20.000 euros de inversión desta volta”.
O rexedor subliñou que “nos últimos anos investimos 120.000 euros, dende a cuberta, a toda a mellora que se fixo no exterior, e en espazos como as aulas, a cociña, sala de espera, en definitiva toda unha mellora que tivo esta escola infantil, que é moi importante, investir no sistema educativo dos máis pequeniños e tamén nos centros educativos como pode ser o Gregorio Sanz ou nos institutos, tanto o Porta da Auga como o Gamallo Fierros”.
Vega dixo: “e importante ter un concepto claro de investir no sistema educativo, no sistema educativo público, sen descartar outro tipo de colaboracións con outros centros, eu creo que marca unha liña correcta dun goberno local que o que fai é xestionar o orzamento e a Xunta de Galicia o que fai é priorizar obras importantes e concretalas con orzamentos aquí en Ribadeo”.
O alcalde agradeceu a visita nesta xornada: “o noso agradecemento ao director xeral e ao xerente por todo este traballo que fixeron e vamos a seguir colaborando e seguir investindo en Ribadeo para que así avance”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



