Concello e Xunta de Galicia asinaron un acordo o pasado mes de xullo para levar a cabo as obras de acondicionamento do polideportivo municipal e que permitirá recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso
Cariño, 29 de agosto, 2025. O Concello de Cariño aprobou recentemente o proxecto de licitación as obras de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal. Así, Concello e Xunta de Galicia asinaron un acordo o pasado mes de xullo para levar a cabo as obras de acondicionamento do polideportivo municipal e que permitirá recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso.
O proxecto, que conta cun investimento total próximo aos 240.000 euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello o 20% restante, permitirá recuperar un espazo crave para a actividade deportiva, educativa e comunitaria da localidade, pechado desde hai case dous anos debido a importantes deficiencias estruturais herdadas de xestións anteriores.
O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas termina o próximo 9 de setembro, polo que as obras comezarán nos próximos meses e incluirán a reparación da cuberta e da pista deportiva, afectadas por filtracións de auga, a substitución de portas e a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente.
Segundo explica a alcaldesa, Ana María López, “Este pabellón ha sido siempre un punto de encuentro para nuestros vecinos y vecinas, un lugar donde convivían el deporte, la educación y la vida social. Recuperarlo era una prioridad y una necesidad desde el primer día de este gobierno, y gracias a este acuerdo con la Xunta, por fin será una realidad” sinalou a rexedora trala sinatura.
Con esta actuación, aténdese unha demanda histórica da veciñanza e avánzase na mellora das dotacións públicas do municipio, conseguindo un dos grandes obxectivos do executivo local liderado por Ana María López desde a súa chegada á Casa do Concello nas pasadas eleccións de 2023.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



