Daniel Castro reuníuse co Grupo Municipal do BNG para tratar este tema
Xove, a 29 de agosto de 2025. A situación nos centros de saúde da Mariña sigue a ser preocupante e alarmante ante a falta de facultativos. Foi este un verao no que o desmantelamento da Atención Primaria na comarca quedou máis que confirmado na inmensa maioría dos centros.
Xove é un dos concellos que se suma á ignominiosa lista de ausencias de médico, porque Xove contaba con dúas médicas, pero desde inicios do verao a raíz da xubilación dunha delas conta con só unha que cubre únicamente unha cota e a cota da médica xubilada pasa a ser atendida días esporádicos por médicos do PAC de Burela, o que implica que dunha semana para outra non se sabe que días vai haber servizo ou non en Xove.
“O Partido Popular sigue a xogar coa nosa saúde”
Ante esta situación, e tras as numerosas queixas da poboación, o BNG procedeu á recoller sinaturas entre a veciñanza (perto de 700 foron recollidas en poucos días) para trasladarlla ao Xerente da Área Sanitaria a grave situación que se estaba dando en Xove. Poucos días despois, alcaldes do Partido Popular da comarca reúnense coa Xerencia da Área Sanitaria en Lugo e anuncian que priorizarán a máxima cobertura nos centros de saúde da A Mariña durante o verán. “Como pode comprobarse, desgrazadamente, tanto a xerencia coma os alcaldes e alcaldesas alí presentes, de Xove, O Vicedo, Viveiro e Cervo minten e prometen cousas que logo non cumplen. O Partido Popular sigue a xogar coa nosa saúde” manifestou a portavoz municipal do BNG en Xove, Pilar Vázquez”.
“O Sergas non garante a asistencia sanitaria en Xove”
Conclúen desde o BNG que a asistencia sanitaria, ao contrario do que dice a propaganda do Sergas, non está garantida en Xove, e o deputado mariñao Daniel Castro anunciou xa a presentación en sede parlamentaria de varias iniciativas, por un lado para que os responsables díen conta das xestións feitas ao respecto e por outro lado para esixir que se cubra a praza de xeito permanente, e que Xove teña sempre dúas médicas tal como lle corresponde.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



