Lugo, martes 2 de abril 2019. O candidato de Ciudadanos ao Congreso dos Diputados pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, respondeu esta mañán ao Partido Popular que “o PP representa o voto inútil” porque “en todos os anos que levan os deputados e senadores do PP en Madrid non fixeron nada pola provincia de Lugo”.
“Barreiro, Jaime de Olano e García Díez están moi nerviosos ante o temor real e certo a perder os seus cargos, dos que levan vivindo moitos anos sen facer nada a corpo de rei”, asegurou o cabeza de lista de Ciudadanos, que dixo que os tres “pasaron de ser palmeiros de Rajoy a ser palmeiros de Casado”. Acusou tamén ao cabeza de lista do PP, Jaime de Olano, de “dirixir o PP de Viveiro desde 600 quilómetros de distancia”.
Para José Manuel Blanco, “a provincia de Lugo ten trens terceiromundistas e seguimos sen autovía na Mariña ou a Santiago e a Ourense. Ese é o resultado máis claro e evidente da xestión dos candidatos do PP, que demostraron en todos estes anos ser o verdadeiro voto inútil para a provincia de Lugo”.
O cabeza de lista de Ciudadanos pola provincia de Lugo indicou ademais que “Ciudadanos ten posibilidades reais de obter un deputado pola provincia de Lugo”. “Por moito pataleo que monten no PP o que está en claro é que na provincia de Lugo o último dos deputados en xogo dispútase entre a Marea e Ciudadanos”, afirma José Manuel Blanco.