Viveiro 9-4-19. A organización frontista acordou por unanimidade que o que fora o seu Portavoz na corporación municipal de Viveiro no ano 79, tenente de alcalde e concelleiro de cultura, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, ocupe o posto 20 da lista da candidatura, pechando así a mesma, xunto cos seus compañeiros de goberno durante o bipartito, Xosé Antonio Goás Basanta, que asumira a responsabilidade da concellería de deportes, e que ocupará o posto 19, e César Naval Parapar, que estivera ao fronte da concellería de comercio e turismo, e que irá no posto 17. Os tres ex-concelleiros históricos amosaron a súa satisfacción de poder acompañar no comezo desta nova e ilusionante etapa do nacionalismo de Viveiro, á candidata do BNG á alcaldía, Miriam Bermúdez, e de pasarlle o testemuño ao novo grupo municipal do BNG que vaia sair das eleccións municipais de maio.
A candidatura que ven de aprobar o BNG é unha candidatura plural e feminista que integra a xente independente, composta por persoas de diferentes sectores (educativo, servizos sociais, autónomos, industria, admón local, etc.), que abarca múltiples ámbitos (cultural, deportivo, estudantil, social, etc.) e un grande abano de idades, sumando así experiencia e veteranía con mocidade e entusiasmo para dar o mellor de cadaquén polo seu concello. Unha candidatura que ten o corazón e a mente posta en Viveiro,disposta a traballar para transformar a súa vila nun modelo de concello na que a veciñanza poda desenvolver o seu proxecto de vida sen verse na obriga de buscar o seu futuro lonxe da súa terra, asegurou a cabeza de lista e actual vicerresponsábel do BNG, Miriam Bermúdez.
A presentación dxs membros da candidatura do BNG realizarase nun acto conmemorativo do 40ª aniversario da primeira corporación municipal despois da dictadura, que está a preparar a organización nacionalista e que se celebrará nas vindeiras semanas.
Por último a candidata á alcaldía, Miriam Bermúdez, anima á veciñanza a sumarse ao proxecto do BNG para impulsar e transformar o concello de Viveiro e afirma que, nestas últimas semanas de xuntanzas e contactos coas veciñxs de Viveiro foron moitas as persoas que lles amosaron o seu apoio e a súa disposición para colaborar no proxecto de transformación de Viveiro, no cal está a traballar a organización nacionalista.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



