Foz 25-4-19. O PSOE de Foz atópase coa sorpresa de que non se habilitaron locais nas parroquias da localidade para facer actos públicos gratuítos durante a campaña electoral das eleccións municipais, tan só se habilitaron dous locais, a Casa da Cultura e a Sala Bahía, ambos no centro urbán, para os actos de campaña.
É a primeira vez, nos tempos da democracia, impide que se fagan actos para os veciños nas parroquias. Sempre, incluso para estas Eleccións Xerais do 28 de abril, se habilitaron locais nas parroquias e barrios do pobo.
Este feito, leva ao PSOE de Foz a presentar unha reclamación diante do concello e diante do alcalde, que é o que ten a potestade para tomar a decisión ou non de habilitar os locais públicos diante da Xunta Electoral.
O PSOE considera escandaloso e intolerable que se prive ás formacións políticas dun lugar onde poder dirixirse aos veciños e veciñas das parroquias e pregúntase que cambiou de un día para outro, da campaña das eleccións xerais á das eleccións municipais, entre as que intermedia menos de un mes para que se pase de ter 10 locais dispoñibles nas parroquias para poder falar cos veciños, a non ter ningún.
Preguntámonos si esa omisión é un burdo intento do Sr Castiñeira para eludir ir as esas parroquias, que ten completamente abandonadas, e así non ter que dar explicacións aos seus veciños, escudándose na Xunta Electoral e en que non hai locais a disposición, como si non fose competencia súa poñer ditos espazos a disposición da Xunta electoral para ser solicitados polos partidos políticos.
Esta actitude do alcalde supón un desprezo á poboación que vive nas parroquias e un agravio comparativo cos que viven no centro urbán, pois priva a estes veciños e veciñas do contacto directo cos seus representantes e de poder tratar en cada parroquia as inquedanzas e desasosegos da poboación respecto daquelas materias que afectan en concreto ao seu núcleo poboacional e a súa parroquia, ao non proporcionar un lugar que poida ser usado polas distintas formacións políticas que concorren ás eleccións municipais.
Si o Sr Alcalde non rectifica e habilita locais nas parroquias, entenderemos que se amordaza ao PSOE e ao resto de formacións políticas por pura estratexia electoral dun PP e do Sr Castiñeira que non se atreven a dar a cara diante dos seus veciños e veciñas das parroquias.