Burela 10-4-19. Dende a Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE de Burela vémonos na obriga de contestar a lamentable nota de prensa que asina o candidato “tramposo” do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco (o tramposo).
Di o tal Rouco que a xestión económica do Concello foi mala nestes 4 anos. Pois ben, este home ou non se entera, ou está moi mal informado, ou ámbalas dúas cousas. Temos que aclarar que o Concello de Burela a día de hoxe ten débeda cero, os veciños e veciñas de Burela gracias a xestión económica deste equipo de goberno permite que os veciños e veciñas de Burela podan durmir tranquilos pensando que non lle deben NADA a ninguén. Para conseguir isto fixo falta facer un esforzo grande de contención de gasto xa que cando este equipo de goberno chegou ó Concello no 2015 o Concello de Burela tiña unha débeda con distintas entidades bancarias que superaba o millón de euros, como dixemos anteriormente esa débeda está saldada. Ademais diso conseguimos seguir aforrando e o remanente de tesourería que ten hoxe o Concello de Burela supera ampriamente os dous millóns de euros. Só con estes datos chegan para aportar credibilidade e confianza ós veciños.
A nosa pregunta é a seguinte: Pode o señor Rouco aportar algo de credibilidade e confianza ós veciños sabendo que exerceu como Xuíz de Paz nun concello a 100 km de Burela sabendo que non podía facelo??? Pode o señor Rouco pedir explicacións ou criticar nada da xestión municipal cando non foi capaz de devolver os cartos que cobrou de maneira irregular por exercer de Xuíz de Paz sabendo que non o podía facer??? Pode unha persoa como o señor Rouco ter lexitimidade para poder poñer en dúbida algo sobre a xestión municipal cando participou como membro de Xuntas Electorais en eleccións nos que non poden participar membros con afiliación política??? Para nós desde logo, este señor está totalmente deslexitimado para a acción política, para nós non é máis ca un TRAMPOSO.
Fala o señor Rouco que se diminuíron as axudas a asociacións, e faino sabendo que está mentindo, recomendámoslle que se informe e que se entere.
Temos que aclarar que a axuda que se lle daba a ACIA de 18.000 euros foi rebaixada, para o que non di o candidato tramposo é que foi mediante un acordo coa propia ACIA e coa recen creada Asociación da Festa Castrexa que se decidiu, ó desvincularse ACIA da organización da Festa Castrexa, que esa diminución fose para esta nova asociación que se vai a encargar da organización da festa. O dito, este señor, ou minte, ou non se entera, ou ámbalas cousas.
Xa dixemos no seu momento que mentres o candidato tramposo do PP de Burela non devolvese os cartos que cobrou irregularmente exercendo funcións que non podía exercer entendíamos que non está lexetimado para facer ningún tipo de oposición a este equipo de goberno, e o mantemos. QUE DEVOLVA OS CARTOS. E de paso que teña en conta que para ser un candidato respetado e acorde a un pobo como Burela debe de ter un comportamento exemplar, non saltarse as leis, e non facer trampas, e algo moi importante pagar os impostos que corresponden en Burela. Non vaia a ser que se esquecera que se presenta a unhas eleccións en Burela e non en Xove.
Comisión Executiva Local PSdeG-PSOE Burela
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



