Foz 23-04-2019. O abuso da superioridade, da forza ou do poder na relación cos demais denomínase DESPOTISMO. Non é nada novo para a veciñanza de Foz que leva sufrindo demasiados anos xa as intolerantes actitudes do seu actual primeiro edil do PP que non fan máis que manchar o gran nome do Concello de Foz.
No día de onte o Sr. Castiñeira traspasou todos os límites e sacou ao seu brazo armado para lanzar “de oídas” unha acusación vaga pero de gravísima entidade a cal vamos a desbotar coas seguintes afirmacións:
NON HAI UNHA SOLA FACTURA A NOME DO PSOE DE FOZ SEN PAGAR
A SEDE DO PSOE DE FOZ MÉRCASE EN 2005, E NON NO 1999 COMO AFIRMA O PARTIDO POPULAR DE FOZ
O PSOE DE FOZ POR PRINCIPIOS SÓLIDOS RESOLVE TODOS OS SEUS PROBLEMAS CON DIÁLOGO E RESPONDE SEMPRE
PEDIMOS AO PP DE FOZ QUE ENSEÑE OS DOCUMENTOS OFICIAIS NA QUE BASAN AS SÚAS GRAVÍSIMAS ACUSACIÓNS
ESIXIMOS UNHA RECTIFICACIÓN INMEDIATA OU VERÉMONOS OBRIGADOS A ACUDIR AOS XUZGADOS
O Partido Socialista de Foz quere mostrar o seu respaldo á honorabilidade dos compañeiros da formación, e tamén por suposto a Luis Alfonso Sixto secretario xeral entre o 2007-2011, todos atacados de forma tremendamente inxusta polo PP de Foz co actual alcalde; Javier Jorge Castiñeira á cabeza.
A utilización das CLOACAS para atacar aos lexítimos aspirantes ao Goberno de Foz é de EXTREMA gravidade. Datos falsos e manipulados formando unha gran mentira que mancha como nunca a CASA DE TODOS OS FOCENSES.
O Sr. Castiñeira está fóra de si e debe calmarse porque un FOZ en positivo, con talante e en armonía estase a otear no horizonte, xa falta pouco para recuperar o Concello para todos os focenses, sen despotismos, sen citas previas e dende logo sen AS CLOACAS DO PARTIDO POPULAR DE FOZ