Os deputados populares celebran o “cambio de opinión” de PSOE e BNG despois de que no pleno de novembro votaran en contra dunha iniciativa do Grupo Popular con puntos que tamén partían de reunións co comité de empresa”
Lugo, 30 de abril de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular apoiaron este martes no Pleno da Deputación de Lugo a iniciativa sobre Alcoa que se trata “dunha proposta dos representantes dos traballadores” porque “se fora unha proposta do PSOE non diría moitas das cousas que di” e lamentaron que os socialistas se negaran a aceptar unha emenda de engádega “con propostas que tamén pide o comité de empresa” a través dos medios e que tamén trasladaron “no Pleno de Xove”.
O viceportavoz, Demetrio Salgueiro, explicou que “a situación de Alcoa hoxe non é a mesma que a de onte” debido ao “parón eléctrico sen precedentes no país” que afectou duramente tamén a Alcoa. “A situación da planta é límite. A de alúmina parece que se pode salvar, pero a de aluminio está nunha situación crítica”, segundo expuxo.
O popular explicou que “a planta é moi dependente da enerxía” polo que defende “un mix enerxético que garanta estabilidade ao sistema” xa que a dependencia só das renovables como promove este Goberno supón unha inestabilidade enerxética”. E advirte que “se chega a pasar con toda a planta arrancada, probablemente suporía o peche definitivo da fábrica de aluminio por imposibilidade de recuperación”.
Salgueiro subliñou, polo tanto, que “é máis urxente ca nunca que se acepte a nosa emenda. Non pedimos un trato diferente, senón apoios para garantir a estabilidade da planta e que poida seguir producindo”. Pero o PSOE rexeitou engadir que: “a Deputación de Lugo se comprometa a esixir ás administracións con representación na mesa de seguimento do pacto de viabilidade de Alcoa que velen pola continuidade da operación da planta e o mantemento do emprego” e que “o goberno da Deputación de Lugo traslade ao Goberno de España a necesidade de articular unha liña de axudas públicas e apoios extraordinarios que garantan o investimento para a modernización da planta no mesmo sentido que as que recibiron outras empresas tamén declaradas estratéxicas polo Estado”.
O deputado do PP lembrou que “hai empresas como Arcelor que recibiron 450 M€ do Estado e hoxe en día está nun ERE” polo que se pregunta “por que non pode Alcoa recibir un Perte, que son fondos europeos, como recibiron outras empresas deste país”. Así, non entende que “non sexa beneficiada agora” despois de “facer un esforzo por saír da consideración de empresa en crise que lle impedía acceder a fondos”.
CAMBIO DE OPINIÓN DE PSOE E BNG
Salgueiro celebrou “o cambio de opinión” de PSOE e BNG e agarda “que se manteña no tempo”. De feito, lembrou que “o que dixo a representante socialista” estaba recollido nunha moción que o Partido Popular defendeu no mes de novembro e daquela “tanto PSOE como BNG votaron en contra”; a pesar de que “practicamente tódolos puntos de acordo que propoñiamos tamén partían de reunións co comité de empresa”.
Entre outros obxectivos, a proposta do Grupo Provincial Popular pretendía “conseguir un consenso de apoio aos traballadores e ás súas familias e a convocatoria da mesa de seguimento do pacto que daquela xa levaba 4 meses de atraso e que hoxe xa leva uns meses máis. Seguen incumprindo e é unha falta de respecto aos traballadores”, engadiu.
INTERVENCIÓN DA SEPI
Sobre a intervención da SEPI, Salgueiro explicou que “o PP defendeu unha intervención puntual en caso de ser necesaria; pero non estamos nese momento agora mesmo porque hai un operador operando a fábrica. O que hai que tratar é de que saia adiante”.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



