Barreiros, 15 de abril de 2019. Este próximo, 21 de abril, terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias, organizada pola asociación deportivo cultural Praias e Comado, e coa que colaboran o Concello de Barreiros e a agrupación de Protección Civil. As inscrición péchanse o venres ás doce do mediodía.
A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores ocasións en Punta Anguieira – San Bartolo, diante do Hotel Ría do Masma.
As carreiras infantís serán a partir das 11 horas con circuítos adaptados a cada categoría e integramente pola area da praia de Altar.
A carreira absoluta será a partir das 12.15 do mediodía, aproveitando a marea baixa. Sairá da praia de Arealonga e a meta estará situada na praia de Altar, para un total de case 10 quilómetros nos que os participantes pasarán por todas as praias de Barreiros, agás a de Anguieira por tratarse dunha praia de ría.
A característica principal desta carreira é que o circuíto transcorre nun 80% pola propia area mollada das praias, o que a fai especialmente atractiva para o disfrute dos participantes.
A organización pon a disposición dos atletas un servizo de autobús para os traslados dende a zona de meta ata a saída.
A entrega de trofeos será ás 13 horas para os máis cativos e ás 13.30 horas para os adultos. Ao remate haberá uns pinchos para os participantes e acompañantes.
Toda a información e inscricións para a carreira están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ou no tfno. 649 57 13 60.
http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
