Ribadeo, 4 de abril de 2019. A programación cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre do ano inclúe a actuación da cantante Sés o 4 de maio ou a exposición de Suso Peña, que se inaugurará o 27 de abril. Ademais haberá matronatación en maio, dentro do programa Apego, e tamén terán lugar os concertos de Agüeira Projet este sábado, 6 de abril, e a Banda da Loba o 17 de maio. A axenda cultural foi presentada esta tarde polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense contou que “vai haber moita música, pero aínda queda algo de teatro e actuacións para os pícaros e para as pícaras. Temos que destacar que ao longo deste trimestre, nomeadamente do 27 de abril ao 26 de maio vai ser a exposición sobre a obra de Suso Peña, que quere render unha homenaxe a este ribadense que tanto deu a coñecer a nosa vila e o noso concello, e tanto ten dado mostras de bonhomía. A inauguración aprazouse ata o día 27 de abril porque como é tal a cantidade da súa obra foron aparecendo algunhas cousas a maiores e consideramos oportuno unir ben todos eses aspectos para lograr unha exposición de calidade que renda homenaxe como ben se merece Suso Peña”.
Farruco Graña sinalou que “esta fin de semana vai haber unha presentación singular, A muralla de Ribadeo e outras historias, unha escolma de diversos artigos de Eduardo Gutiérrez, o noso cronista oficial. Vai ser presentada na sala de plenos do Concello de Ribadeo este sábado, 6 de abril, ás sete da tarde. Tamén queremos destacar outra actividade singular que vai haber este trimestre, dentro do programa Apego vai haber a matronatación. Desenvolverase ao longo das semanas do mes de maio, un día por semana haberá unha sesión para país, nais e crianzas en piscina para desenvolver unha actividade ben singular. É unha experiencia pioneira e queremos dicir que vai haber unha preinscrición porque o número de prazas será limitado, pero de todo isto xa se daría debida conta a través do muro de facebook do Concello e da concellería de Cultura”.
O concelleiro de Cultura lembrou que “xa está habendo durante este días unhas charlas de carácter divulgativo sobre o Camiño de Santiago, organizadas pola Concellaría de Comercio e Turismo. Volve haber teatro este domingo, 7 de abril, o grupo Volta e dálle presentará Falar por falar, no auditorio municipal. Tamén volverá haber teatro para os máis cativos A galiña azul, de Tanxarina Títeres, que será o 14 de abril no auditorio municipal, dentro do programa Apego. Ademais vai haber unha nova edición dos Ventos Poéticos que xa empeza a consolidarse como referencia do mundo da poesía na actividade cultural do noso Concello e que nesta ocasión vai ser o día 14 de xuño e vai supoñer unha convivencia entre a poesía galega e a vasca. Celebrarase o Día da Danza, a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo fará unha exhibición de danza o 26 de abril no auditorio municipal e tamén terá lugar o VIII Festival Infantil de Amigos da Gaita no Teatro de Ribadeo”.
Graña anunciou que “este trimestre vai haber moita música. Esta semana estanse a desenvolver as audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, e este sábado 6 ás oito e media no auditorio municipal vai haber o concerto de Agüeira Projet, boa ocasión para coñecer a un grupo de amigos e amigas da zona dos Oscos e de Ribadeo que presentan o seu proxecto musical. Vai haber o 12 de abril un concerto de piano a cargo de Manuel Varela, apostamos por novos valores da música que queren presentarnos a súa experiencia acumulada durante anos. Teremos os clásicos concertos de música da Semana Santa, tanto no pregón da Semana Santa coa Coral Polifónica e o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo e o clásico concerto da celebración relixiosa do Xoves Santo tamén a cargo da Coral Polifónica. Nesta ocasión estes tres concertos van ser na igrexa parroquial. O 20 de abril Candorka Trío vainos ofrecer un concerto no Teatro ás oito e media da tarde”.
O concelleiro ribadense salientou que “o prato forte, sen desmerecer todos os demais, será o concerto que ofrecerá o 4 de maio Sés, que nos presentará Raiba do silencio, música potente e de raíz a cargo dunha persoa que xa había máis de tres anos que non nos visitaba e agora será un pracer darlle a benvida de novo en Ribadeo. Será no auditorio municipal ás nove da noite. Ademais A Banda da Loba vainos visitar co gallo das Letras Galegas o día 17 de maio no auditorio municipal e a Banda Municipal ofrecerá o seu clásico concerto das Letras Galegas o día 18 no Teatro. Haberá tamén o 1 de xuño o festival de coros xuvenís e infantís, organizado por Fecoga. Volveremos ter unha sesión de arrolos a cargo de Ugía Pedreira e a Coral Polifónica dará o seu clásico concerto de Corpus. Finalmente para dar a benvida ao verán visitaranos Paco Nogueiras co seu Radio Bule Bule, organizado pola asociación cultural Francisco Lanza. Será o 30 de xuño no Teatro de Ribadeo”.
O edil quixo ademais facer un chamamento aos “mozos e mozas ribadenses que tedes gañas de mostrar a vosa capacidade creativa, tanto escribindo como debuxando e pintando, aínda estades a tempo de entregar os vosos traballos para participar no III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Animádevos a participar”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



