Xove 27-4-19. O Bloque Nacionalista Galego xovense vén de presentar a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais de maio.
O cabeza de lista declarou que, ante a ausencia dun proxecto político claro do PP local, “é a hora da ideoloxía, é tempo de saber onde estamos e decidir cara a onde queremos camiñar”.
Hermida, que se estrea como número un, quixo destacar que o proxecto do BNG para Xove está impulsado por persoas formadas e humildes. “Somos xente que realmente queremos mudar as cousas, pero sobre todo temos un equipo cohesionado, con iniciativa e capacidade de xestión”, manifestou o candidato á alcaldía.
O Bloque presentou unha candidatura ilusionante, coa presenza de xente experimentada na política municipal e con dúas valiosas incorporacións ao novo equipo titular: Miguel García no terceiro posto e Pilar Vázquez no undécimo. “A xente nova identifícase co noso xeito de facer as cousas”, indicou Hermida, “e iso podémolo comprobar polas altas de afiliación que estamos a recibir nos últimos meses”.
Actualmente a corporación municipal está conformada por once edís, sete pertencentes aos populares e catro aos nacionalistas, polo que se fai necesario alcanzar a maioría absoluta (seis actas) para poder gobernar.
O Concello de Xove, de pouco máis de tres mil habitantes, aprobou neste mes de abril un orzamento superior aos nove millóns de euros para o ano 2019.
Lista electoral do BNG de Xove
Xosé Manuel López Hermida (Profesor. Licenciado Universitario en Filoloxía Portuguesa, Licenciado Universitario en Filoloxía Románica e Técnico Deportivo Nivel 2 de Esquí Alpino)
Carlos Fernández Louzao (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Produción por Mecanizado)
Miguel García Rodríguez (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica)
Luísa Pernas Quelle (Oficial de Procurador dos Tribunais. Titulada en BUP e COU)
Laura Vilasa Abad (Empregada no sector servizos. Diplomada Universitaria en Educación Infantil)
Marco López López (Xestor da Admón. de Xustiza. Graduado Universitario en Criminoloxía)
Cristina Lestegás Pérez (Profesora. Licenciada Universitaria en Filoloxía Inglesa)
David Díaz Meitín (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Mantemento e Montaxe de Instalacións de Edificio)
Belén González Martínez (Responsable de Calidade nunha empresa maiorista do sector pesqueiro. Licenciada Universitaria en Matemáticas)
Rodrigo Baño Pena (Traballador de Alcoa. Técnico Superior en Automoción)
Pilar Vázquez Sánchez (Estudante)
Suplentes:
Augusto Albo Ocampo
Xosé Luís Vale Blanco
Patricia Eijo Gómez
Xosé Antonio Alonso Salgueiro
Natalia Fernández Álvarez
Xosé Lois Iglesias Pérez
Sara Rei Balseiro
Samuel Ben Conde
María Carme Mejuto Urrutia
Xosé Durán Cao