- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
- O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu este sábado a IX Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia organizada por Faxpg.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
- Cervo celebrou este venres a primeira xornada do Festival de Narración Oral 'De Cobo a Xunco!'
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
- Foz foi o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitiu en directo este venres desde a cafetería Marexada para toda a provincia
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
- Con setembro volta á rutina e BeOne Ribadeo faino co seu lema "Back to gym!, Por fin"
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
- A exposición "Encontros de Xolo coa Arte" chega á Casa da Cultura de San Cibrao
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
- O Circuíto Galego de Teatro Amador chega a Foz
O ciclo está organizado polo grupo Pico do Castro. Todos os venres deste mes haberá actuación na Casa da Cultura. A segunda, o 12 de setembro, con 'Vaia Idiotas' de Damecuerda Teatro ás 20 horas.