A Mariña 13-5-19. Este programa ten como finalidade o desenvolvemento de adopcións de nenos e nenas que están a disposición de ser adoptados e para os que, por presentar necesidades especiais, existe unha maior dificultade para atopar unha familia. Estes nenos e nenas desexan ser aceptados e queridos e precisan de familias que sexan conscientes das súas necesidades e capaces de responder a elas.
Ofrecemos apoio técnico e psicolóxico ás familias para facilitar a incorporación dos rapaces e rapazas no novo ambiente familiar, e atender as necesidades que xurdan durante todo o proceso adoptivo.
Precisamos ampliar o número de familias do programa para chegar a estes nenos e nenas que se atopan en centros de protección e que polas súas necesidades específicas precisan familias máis preparadas. A idea é poder dar a coñecer ao maior número de familias este programa.
www.meninos.org
