
sdr
Lugo, 18 de maio de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou na saída da segunda etapa do V Desafío Volta a Lugo, a volta cicloturista que percorre 256 quilómetros, percorrendo 12 concellos da provincia. Os 172 corredores partiron da Praza dos Fornos da Pontenova, e que ten meta na Fonsagrada.
Nesta segunda xornada, a máis dura das tres que integran o desafío, os 172 corredores amateurs, acompañados do exciclista Ezequiel Mosquera, percorreron 92,7 quilómetros, con catro altos de montaña, dos de primeira categoría: o Alto de Coto de Frades e o Alto de A Fonsagrada; e outros dous de segunda categoría: o Alto de Augaxosa e o Alto de Cruz da Cancela, que suman un desnivel positivo de 3.319 metros.
O Presidente explicou que “estas actividades demostran o compromiso da Deputación co deporte. Levámolo a todos os concellos da provincia, financiando alternativas deportivas como forma de ocio e unhas instalacións de calidade independentemente do lugar no que vivan os nosos veciños. O arraigo do deporte no rural é unha necesidade para asentar a poboación, pois crea sinerxias entre os veciños e un compromiso coas localidades”
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
