Ribadeo, 18 de maio de 2019. O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ribadeo, Jesús Pérez Moreda, reclama unha nova política cultural e turística para este concello así como unha mellor xestión dos servizos públicos. Pérez Moreda considera que “Suárez pretende vivir dos réditos do pasado e nunha realidade paralela e por iso presenta un programa electoral pobre en propostas e que non pon solución aos problemas actuais da veciñanza e ás desfeitas do seu goberno”.
Para o candidato de CxG “non hai moito onde profundar nas propostas do señor Suarez. Acórdase das Catedrais nas eleccións, do polígono e da industria, máis do mesmo ¿deuse conta agora do prezo das parcelas despois de anos gobernando? en turismo e comercio, literalmente nada novo ¿Pensa o señor Suárez que non hai que levar adiante novas políticas para o comercio que está a pasar un dos peores momentos? ¿pensa que a política turística achégase tan sequera a ser adecuada? Co Ribadeo Indiano non se vive todo o ano ¿De verdade creen que coa actual política cultural de Ribadeo é referente de algo? Poucas axendas culturais ven da nosa contorna. Das obras que promete saberemos dentro de catro anos, seguindo así a súa liña de pretender enganar os veciños e veciñas da vila facendo todas obras nos últimos tres meses de lexislatura. Sen ambición, falando do pasado e sen novas propostas”.
E engade:“vendo este programa e a espantada da práctica totalidade dos concelleiros do grupo de goberno, que non figuran na actual lista ou que están en postos, tal e como din eles, para non saír; parece que o señor Suárez presentase algo canso e sen iniciativas que desenrolar. Eu pregúntome ¿por qué non repiten os seus concelleiros?”.
Como contrapunto Jesús Pérez lembra algunhas das medidas do seu programa electoral para Ribadeo “a recuperación do GRUMIR ou GES, a través da negociación coa Xunta, ao igual que fan outros Concellos, que axudaría a intervir mais rápido nas emerxencias e crearía novos postos de traballo. Tras a reforma realizada pola Xunta ninguén se preocupou en Ribadeo de facer dita petición, avogamos por ter un grupo de intervención rápida para emerxencias xa que en moitas ocasións o persoal do parque de bombeiros da comarca pode estar nunha emerxencia ou poida non actuar coma son os conatos de incendios forestais”.
Para o alcaldable de CxG “a mellora do alumeado publico é moi necesario en vías que practicamente andas as escuras ou nas que non hai luz. Traballar no fomento do emprego xuvenil a través da formación, na creación dun programa integral que aglutine e unifique os servizos ás persoas maiores co fin de mellorar a xestión e dotala de mais presuposto e medios, a través sen ir mais lonxe da redución dos soldos públicos ou dos ingresos que proveñan dun aparcamento municipal de pago na praia das Catedrais, tal e como apostamos a través da execución dun plan especial para esta”.
Jesús Pérez Moreda tamén aposta por “promover una política cultural verdadeiramente atractiva para veciños y visitantes, optando por artistas de talla nacional e internacional como fan nos Concellos do noso arredor, pero sen esquecer a nosa propia cultura galega, ao marxe de aspectos ideolóxicos ou lingüísticos. O dragado da praia dos Bloques e o seu recheo con area e a mellora de servizos e do saneamento en todas as praias do concello nas que os ribadenses disfrutan do verán. Apostamos pola sinalización trilingüe como poboación turística que somos, e a creación dun museo ribadense. Promoveremos a construción ou adaptación dalgunha instalación xa existente para a celebración de congresos, feiras e todas aquelas actividades que nos axuden a desestacionalizar o turismo. Traballaremos cóbado con cóbado co tecido asociativo e de clubs da nosa vila, xa que son parte fundamental da axenda de actividades que se realizan en Ribadeo, na educación dos nenos e nenas, e do entretemento dos nosos maiores, por iso crearemos unha oficina municipal dedicada á xestión diaria, que apoie e coordine os clubs e asociacións, e propoñeremos a participación da cidadanía na política local, levando a pleno as iniciativas asociativas avaladas por o 50% dos socios”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



