En Rinlo un septuaxenario finaba este xoves pola tarde cando envorcaba o tractor co que araba unha finca. Na Pontenova aparecía sen vida no interior do seu vehículo o veciño de 53 anos desaparecido días atrás. Facíao nun terraplén na estrada que une A Pontenova con Ribeira de Piquín, un vieiro de pouco tránsito, de aí que tardase días en ser localizado.