Mondoñedo, 3 de maio de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, defendeu hoxe durante a inauguración das I Xornadas de Detención e Atención Temperá, que se organizan dende o Concello, que “todas as administracións cando priorizamos o destino dos nosos recursos, debemos ter en conta aspectos tan importantes como é o da xornada que hoxe nos ocupa”.
Neste senso, a rexedora local asegurou que dende o Concello de Mondoñedo “quixemos sempre achegar o noso gran de area” ao conxunto de intervencións ou de iniciativas dirixidas tanto á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecelo, como a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión”. Candia precisa que “aproveitamos sempre todos os mecanismos e instrumentos que se nos daban dende a Consellería para sumar a nosa achega” e promover, deste xeito, a igualdade, a saúde e a inclusión social.
A este respecto, Elena Candia lembra que o Concello de Mondoñedo conta cunha Unidade de Atención Temperá que presta servizo nunha área que abarca Barreiros, Lourenzá, Trabada, A Pastoria, Riotorto e Trabada, que se encarga do coidado de nenos con necesidades educativas especiais con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos. Así, amosou o compromiso claro e decidido do seu Goberno con este servizo que o Concello puxo en marcha e que apostará por continuar mellorando, especialmente con actividades como a levada a cabo hoxe.
Polo tanto, con este obxecto de colaboración e suma o Concello de Mondoñedo organizada, xunto ca Servizo de Atención Temperá e a Asociación Guillen Veiga Iglesias, as primeiras Xornadas de Detención e Atención Temperá coas que colabora a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
A través dos distintos relatorios, da man de profesionais, que se están a desenvolver entre a xornada de hoxe e continuarán mañá sábado, aportarase información sobre as fases polas que pasan as familias con fillos e sobre as dificultades que poden padecer no seu desenvolvemento. A alcaldesa puxo en valor, polo tanto, a importancia e o interese destas xornadas, nas que hai máis de 70 inscritos.
Programa da xornada
A alcaldesa participou esta mañá na inauguración das xornadas xunto ao director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e a concelleira de Benestar e Facenda, María Ángeles Rodríguez Rico.
Os relatorios desta mañá versaron sobre a ‘psicomotricidade vienciada relacional, un recurso na primeira infancia” e sobre ‘TDAH e as alteracións da aprendizaxe’. Posteriormente, realizouse unha visita guiada á cidade.
Xa pola tarde, entre as 16:00 e as 16:30 horas, Montserrat Fernández Prieto falará sobre ‘Xenes, cerebro e comportamento: proxecto de investigación multinivel do trastorno do esprectro do autismo’; ao que seguirá un obradoiro sobre a ‘Análise do modelo actual de crianza. Encontro de profesionais’.
Durante a mañá do sábado, os catro relatorios que se desenvolverán da man de profesionais da área centraranse na detección e inclusión e necesidades das familias con nenos con trastornos do desenvolvemento e recursos; na diagnose do Tea e a importancia da detección temperá; así como na interacción do metabolismo e o ambiente na aparición e a severidade dos trastornos do espectro autista. O último tema sobre o que se tratará na xornada é o da ‘Investigación dun novo métodos de diagnostico do TDAH, As posibilidade da realidade virtual’.
Estas primeiras xornadas de detección e atención temperá clausuraranse sobre as 13:45 horas. Entregarase certificado de Asistencia.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



